by Fundacion Brandomil | Xul 3, 2023 | Novas
O Concello de Zas, coa colaboración da Fundación Brandomil, organiza visitas guiadas ao Brandomil romano. Estas rutas son todos os venres dos meses de xullo e agosto ás 12:00 h.
by Fundacion Brandomil | Xuñ 30, 2023 | Novas
Este proxecto audiovisual, encargado pola Fundación Brandomil, analiza todos os pasos que se levaron a cabo para desenterrar parte das estruturas, de orixe romana, que quedaron soterradas na zona coñecida como Pedra do Altar.
by Fundacion Brandomil | Xuñ 29, 2023 | Novas
A I fase de escavacións na Agra de Pedra do Altar deu lugar ao descubrimento dunha parte dunha sala dunha domus romana. A datación destas estruturas sitúase entre mediados e finais do século I d.C. Entre os seus achados máis importantes destacan un Opus signinum de...
by Fundacion Brandomil | Xan 28, 2023 | Novas
Rematamos o mes de xaneiro, e o “Brandomil Romano” é o protagonista no calendario do Concello De Zas ! Esta foto, tomada desde un dron, amosa a espectacular evolución das escavacións na zona da Pedra do Altar, en Brandomil.
by Fundacion Brandomil | Xan 24, 2023 | Novas
A Fundación Brandomil editou o estudo encargado polos cinco Concellos polos que pasa esta Ruta Xacobea. Esta publicación é unha detallada reportaxe que sustenta o carácter xacobeo deste itinerario.
by Fundacion Brandomil | Set 25, 2022 | Novas
O 22 de setembro comezaron as escavacións correspondentes á fase III, na zona coñecida como Pedra do Altar. O obxectivo é dar a coñecer e visitar unha das catas realizadas na fase II. Así mesmo, nesta fase acondicionouse unha zona para aparcamento.