Brandomil Romano
Brandomil é unha parroquia do Concello de Zas, que ten algo máis de 7 km 2 de superficie e unha poboación cada vez máis reducida.
A importancia deste lugar comeza polo seu nome. Como indican Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema Suárez, en Zas polo miúdo , a orixe do nome podería ser ben xermánica ou mesmo prelatina, segundo os estudos aos que nos referimos.
Ademais do nome, Brandomil, é lenda e historia. Son moitas as historias que se contan desta vila: inundacións, afundimentos; Sexa como for, o certo é que cada vez que se fan escavacións ou que vén un arqueólogo a buscar sempre atopan.
Castros, ponte romana/medieval, minas, mencións literarias, mitoloxía… isto e moito máis, é Brandomil.
Para saber máis sobre a importancia histórica de Brandomil recomendamos consultar o estudo de Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema que aparece na web do Concello de Zas .