Literatura sobre Brandomil

Brandomil non só é un lugar con relevancia na historia e na arqueoloxía, tamén ten un lugar importante na literatura, xa sexa a súa propia literatura, grazas ás diferentes cantigas que se recolleron na zona, ou tamén na obra de grandes escritores. que usaron o nome deste lugar para describir as fazañas de importantes heroes.

Recollemos algunhas das fontes literarias máis importantes sobre Brandomil:

 

Eduardo Pondal

(Queixumes dos Pinos)
O autor do himno de Galicia, Eduardo Pondal, o bardo de Galicia, foi un dos autores máis importantes, recollendo o nome de Brandomil para dar vida a un dos seus heroes no seu poema Queixumes dos pinos. Ver textos

 

Emilio González López

(Memorias dun deputado das Cortes da República) .
No seu libro Memorias dun deputado , este político e historiador nado na Coruña, relata unha experiencia que viviu nunha das súas visitas a Brandomil, na que menciona a diferentes veciños. Ver textos

 

Cantigas de Brandomil

Recuperamos algunhas das cantigas ou cánticos que os veciños lembran escoitar cantar aos maiores do lugar.Ver textos