Finalidade
A Fundación Brandomil nace coa finalidade básica de promover a recuperación e defensa do patrimonio cultural vinculado a Brandomil, especialmente o patrimonio arqueolóxico de época romana.
Foi constituida mediante escritura pública outorgada en agosto de 2018 ao abeiro da Lei 12/2006 de fundacións de interese galego. A Fundación Brandomil foi clasificada como Fundación de Interese Cultural por orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 29 de novembro de 2018 . Está adscrita ó Protectorado da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, entidade pola que foi declarada Fundación de Interese Galego o 20 de decembro de 2018.
Entre os obxectivos da Fundación a medio/longo prazo estarían os seguintes:
- Creación e xestión dun centro cultural en Brandomil para depositar e expoñer restos arqueolóxicos.
- Potenciar o turismo cultural arredor de Brandomil, e poder crear, se é o caso, aloxamentos só para peregrinos, estudosos e visitantes.