Colabora connosco

A Fundación Brandomil é unha entidade sen ánimo de lucro amparada pola Lei 49/2002 e, polo tanto, é beneficiaria de incentivos fiscais ao mecenado. De conformidade co artigo 19.1 da citada Lei 49/2002, as doazóns á Fundación dan dereito a deducir do tipo íntegro do imposto sobre a renda das persoas físicas as seguintes cantidades:

  • Doazóns anuais de ata 150 €: dedución do 80% do importe doado.
  • Doazóns anuais superiores a 150 €: dedución do 80% para os primeiros 150 € e dedución do 35% para o resto do importe doado.
  • Doazóns continuadas por máis de 2 anos: se en 2 anos sucesivos se realizan doazóns á Fundación e a contía do segundo ano é igual ou superior á do primeiro, as doazóns á Fundación do terceiro ano e seguintes que acaden unha cantidade igual ou superior á do segundo ano dará dereito a incrementar ata un 40 % a dedución correspondente ás cantidades que superen os 150 euros anuais.

A túa axuda pode ser clave para seguir levando a cabo os nosos proxectos. Podes ser socio da Fundación coas seguintes achegas:

  • Amigo da Fundación Brandomil: 10€ mensuais.
  • Protector da Fundación: 50 € mensuais

As túas contribucións poden facer que a historia se converta en historia viva.

Fai a túa contribución a través da seguinte conta.

Fundación Brandomil

ES60 0238 8187 85 0603317876

Se queres colaborar doutro xeito, tamén podes contactar connosco a través do seguinte formulario.

13 + 9 =