Os nosos proxectos

A Fundación Brandomil nace co obxectivo de recuperar a historia e poñer en valor o patrimonio cultural desta parroquia de Zas, polo que as diferentes actividades desenvoltas pola fundación van encamiñadas a cumprir dito obxectivo.

Obxectivos da fundación

Dada a extraordinaria relevancia do patrimonio cultural de Brandomil, en especial o arqueolóxico, a fundación contempla e proponse realizar diversos e ambiciosos proxectos a corto, medio e longo plazo.

Citamos a continuación algún destes proxectos a curto plazo:

 

  1. Estudo e tratamento dos numerosos materiais arqueolóxicos atopados durante as escavacións levadas a cabo, nos anos 2007-2008, polo arqueólogo Juan Naveiro López no marco do proxecto Vías Atlánticas, liderado pola Diputación da Coruña. Para isto, a fundación está realizando xestións coa Diputación , que acolleu este proxecto de xeito moi favorable.
  2. Publicación dunha monografía sobre Brandomil Romano, na que se recollan, de xeito exhaustivo e sistematizado, tanto a historia e características do xacemento romano de Brandomil como todos os descubrimentos arqueolóxicos atopados neste.
  3. Creación dunha biblioteca dixital na que se citen, resuman ou reproduzcan todas as publicacións científicas que traten sobre Brandomil, en particular as relativas á ponte histórica e ao xacemento arqueolóxico.
  4. Promoción do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil mediante diversas actuacións. A máis inmediata é a publicación e difusión en inglés da guía do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil,, elaborada por Manuel Vilar e editada por Alvarellos

Historia

Entender mellor a nosa historia é a mellor maneira para escribir o noso presente e o noso futuro, por iso dende a fundación temos como obxectivo primordial poder traballar para recuperala e poder entender cal era o papel que tiña Brandomil hai centos ou miles de anos. Por iso, traballaremos para recuperar parte da nosa historia, para poder facer un presente e futuro sostible para os veciños actuais e os que están por vir.

Arqueoloxía

A arqueoloxía de Brandomil é unha peza clave dentro da historia de Galicia e incluso da Península Ibérica, é por iso polo que dende a fundación queremos brindar todo o noso apoio e esforzos, xa non só para descubrir novas pezas senón tamén para recuperar as existentes e poder crear un centro de interpretación no que se expoñan para que todos aqueles que queiran gozalas e visitalas poida facelo.

Camiño de Santiago

Este proxecto co que colabora a fundación é un traballo que comezou a investigar e traballar a Asociación Grandimirum. A finalidade do proxecto é escudriñar sobre a base histórica do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, investigación para a que se contou co recoñecido doutor en Antropoloxía, Manuel Vilar, o cal preparou o informe entregado en Patrimonio e tamén foi o autor da guía Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, publicada pola Editorial Alvarellos.
A guía presentouse grazas ao apoio de diferentes concellos involucrados e tamén gracias ao apoio da Fundación Brandomil.

Literatura

O que non está escrito non existe, e por iso polo que dende a Fundación Brandomil nos parece fundamental xuntar e intentar recuperar toda aquela literatura e cultura popular creada ou que faga referencia a este lugar. Autores tan importantes e recoñecidos como Pondal empregaron o nome de Brandomil para designar a algún dos seus personaxes heroicos, pero ademais disto, tamén queremos recuperar cancións populares dos nosos maiores, as historias, as lendas. Queremos que todo isto non caia no esquecemento e poida ser coñecido polas próximas xeracións.