Finalidade
A Fundación Brandomil nace coa finalidade básica de impulsar a recuperación e defensa do patrimonio cultural vinculado con Brandomil, especialmente co patrimonio arqueolóxico da época romana.
Está constituída mediante escritura pública outorgada en agosto do ano 2018 ao amparo da lei 12/2006 de Fundacións de Interese Galego. A Fundación Brandomil foi clasificada como Fundación de Interese Cultural por orde da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 29 de novembro do 2018. Está adscrita ao Protectorado da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, organismo pola que foi declarada Fundación de Interese Galego o 20 de decembro de 2018.
Entre os obxectivos a medio/longo prazo estarían os seguintes:
- Creación e xestión dun centro cultural en Brandomil, co fin de depositar e expor restos arqueolóxicos.
- Promover o turismo cultural en Brandomil, e poder chegar a crear, en caso necesario, un aloxamento só para peregrinos, estudosos e visitantes.