O Museo do Pobo Galego acolleu a proxección do documental ‘Brandomil, Roman vila a carón do Xallas’

Onte pola tarde , proxección do documental “Brandomil, vila Romana a carón do Pobo Galego .

Na mesa de presentación estiveron Manuel Vilar , o director do Museo do Pobo Galego , Manuel Rial , o director do documental e Eva Vilas , mecenas da Fundación Brandomil quen agradeceu tanto ao Museo do Pobo Galego que acolleu esta proxección como a Manuel Rial por realizala.

Entre os asistentes, case un centenar, estiveron o historiador Xosé María Lema , o arqueólogo Lino Gorgoso e o xornalista Lois Oreiro , todos eles participantes na realización deste documental. Tamén se achegou o director da Fundación Catedral de Santiago , Daniel Lorenzo .

Durante o coloquio, a Fundación Brandomil recibiu numerosos agradecementos e tamén peticións para continuar co seu labor. O documental nace co obxectivo da Fundación Brandomil de dar a coñecer o gran xacemento romano existente e, ao mesmo tempo, coa intención de socializar o patrimonio cos propios veciños.

Related posts