Colabora con nós

A Fundación Brandomil é unha entidade, non lucrativa, acollida á Lei 49/2002 e, por tanto, é beneficiaria dos incentivos fiscais ao mecenado. Conforme ao artigo 19.1 da citada Lei 49/2002 os donativos á fundación dan dereito a deducir da cota íntegra do IRPF as cantidades seguintes:

  • Donativos anuais de ata 150 €: dedución do 80% da cantidade doada.
  • Donativos anuais superiores a 150 €: dedución do 80% para os primeiros 150 € e dedución do 35% para o resto da cantidade doada.
  • Donativos continuados durante máis de 2 anos: se en 2 anos sucesivos se fan donativos á fundación e o importe do segundo ano é igual ou superior ao do primeiro, os donativos á fundación do terceiro ano e seguintes que alcancen un importe igual ou superior ao do segundo ano darán dereito a incrementar ata o 40% a dedución correspondente ás cantidades que excedan de 150€ anuais.

A túa axuda pode ser clave para seguir levando adiante os nosos proxectos. Podes ser socio da fundación coas seguintes achegas:

  • Amigo da Fundación Brandomil: 10 € mensuais.
  • Protector da fundación: 50 € mensuais.

As túas achegas poden facer que a historia se converta en historia viva.

Fai a túa achega a través da seguinte conta.

Fundación Brandomil

ES60 0238 8187 85 0603317876

Se queres colaborar de calquera outra maneira, tamén podes poñerte en contacto con nós no seguinte formulario.