Camiño de Santiago
Hai sobrada documentación que acredita que o Camiño de Santiago a Muxía pasaba por Brandomil. Dende diarios de peregrinos, ata diferentes referencias, evidencias e probas que dende a Asociación Grandimirum quixeron recoller nun estudo realizado polo prestixioso antropólogo experto en Camiños, Manuel Vilar.
Este extenso informe realizado por este doutor en Antropoloxía foi presentado ante Patrimonio da Xunta de Galicia para que se puidera outorgar o recoñecemento por vía administrativa deste Camiño. Sexa como fora, centos de peregrinos pasan cada ano por Brandomil para finalizar a súa ruta en Muxía, sobre todo a pé ou en bicicleta.
Ademais, para avanzar no recoñecemento e para facilitar os peregrinos o Camiño, publicouse unha guía editada por Alvarellos do Camiño, cuxo autor, Manuel Vilar, dá un enfoque desta vía mediante a historia e as anécdotas que ao largo dos anos se deron neste traxecto, de Santiago a Muxía, pasando por Brandomil e pola súa ponte romana.
No propio Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado pola Xunta, menciónase a existencia de este Camiño.