Brandomil romano

Brandomil é unha parroquia do Concello de Zas, que conta con pouco máis de 7 km2 de extensión e unha poboación cada vez máis reducida.

A importancia deste lugar comeza polo seu propio nome. Tal como indican Evaristo Rial e Xosé María Lema Suárez, en Zas polo miúdo, a orixe do nome podería ser ben xermánica ou incluso prelatina en función dos estudos aos que fagamos referencia.

Ademais do nome, Brandomil, é lenda e historia. Moitas son as historias que se contan sobre esta vila: asolagamentos, afundimentos; sexa como fose, o certo é que cada vez que se fan escavacións ou algún arqueólogo se acerca a buscar, sempre atopa.

Castros, ponte romana/medieval, minas, mencións literarias, mitoloxía… isto e moito máis, é Brandomil.

Para coñecer máis sobre a importancia histórica de Brandomil, recomendamos consultar o estudo de Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema que figura na web do Concello de Zas.