Fundación Brandomil
Brandomil está cheo de historia, de presente e de futuro.
Aquí estivo un dos principais asentamentos romanos do Noroeste peninsular entre os s. I e IV.
De par da Ponte Vella, pola que cruzan o río Xallas desde hai séculos os peregrinos de Santiago a Muxía, loce o único treito visible dunha vía romana orixinal en toda a provincia da Coruña.
A pé deles hai un castro da Idade do Ferro de características singulares.
O conxunto histórico esténdese por un xacemento arqueolóxico que descobre parte do notable entramado urbano romano entre os restos dun aglomerado que supera as 20 hectáreas.
Estudar, protexer e dar a coñecer todo isto é o propósito e a razón de ser da Fundación Brandomil.
Historia
Arqueoloxía
Referencias literarias
Camiño de Santiago
Multimedia
Os nosos proxectos
Colabora connosco
Novas
O Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Ángel Miramontes, visita o xacemento romando de Brandomil
O director da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, acompañado de Roberto Pena, director do Servizo de Arqueoloxía, achegáronse a coñecer, de primeira man o xacemento Pedra do Altar e o conxunto de Brandomil. A Fundación Brandomil tivo a...
Arqueoloxía en monodose, do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense presentou “Brandomil. Unha vila romana no solpor do imperio”
O Centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense foi o lugar elixido polo Museo Provincial Arqueolóxico de Ourense, para a presentación de “Brandomil. Unha vila romana no solpor do Imperio”. Esta exposición encadrada dentro do certame “Arqueoloxía en monodose”, foi...
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña visita a oficina de información cultural-turística “Brandomil. Porta romana da Costa da Morte”
Xosé Regueira Varela, Vicepresidente da Deputación da Coruña visitou o pasado día 28 de agosto a Oficina de Información Cultural-Turística situada na zona de lecer da Ponte Vella de Brandomil, despois do convite que lle enviou a Fundación Brandomil. O Concello de Zas...
Intervención arqueolóxica no Camiño de Pedra do Altar en Brandomil
Obxectivos : avaliación do trazado do antigo camiño soterrado polas obras parcelarias, valoración da súa antigüidade e facturación, dentro da parcela propiedade da Fundación Brandomil.
Metodoloxía : intervención no trazado do camiño vello, nunha lonxitude de 152,14 metros
Aproximación : dous levantamentos estatográficos, cinco prospeccións arqueolóxicas manuais
Execución: dous levantamentos estratigráficos previos no eixo da vía cunhas dimensións de 0,50×0,50×0,80m, cinco levantamentos transversais ao eixe da vía, separados 20/25m con dimensións de 4,00×2,00m, eliminación de terra vexetal/recheos de superficie de forma mecánica, escavación manual do perfil da estrada e documentación e topografía, cubrición e restitución









