Brandomil é de novo a Porta Romana da Costa da Morte este verán de 2026

Este verán a Oficina de Información Cultural e Turística de Brandomil, “Brandomil. Porta Romana da Costa da Morte”, retoma a súa actividade. Permanecerá aberta de mércores a domingo de 11:00 a 19:00 h os vindeiros meses estivais.

Desde a reapertura o pasado día 1 de xullo, a oficina recibiu xa máis de medio cento de visitantes de distintas partes do mundo que se achegan a coñecer a Costa da Morte. Segue demostrando así o seu potencial, situada nun punto perfecto para a conexión entre a costa e o interior da provincia.

Un ano máis este punto seguirá traballando nos obxectivos da Fundación Brandomil, achegando á xente o impresionante patrimonio cultural que se presenta neste lugar.