Brandomil. Villa romana del Occidente, foi o título da presentación que se fixo de Brandomil dentro do VIII Congreso Internacional de la Sociedad de Estudios da Cerámica Antiga en Hispania (SECAH)

As cidades de Ourense e Lugo foron os lugares nos que se desenvolveu este ano o VIII Congreso Internacional da Sociedade de Estudos da Cerámica Antiga en Hispania (SECAH). O interesantísimo conxunto de cerámica romana de Brandomil, datada entre mediados do s. I da Era e o VII, atopado durante estes últimos anos de intervencións arqueolóxicas, levounos a recibir un convite para participar e facer público a gran variedade de cerámica de varios séculos de ocupación romana que tivo esta “cidade” romana.

O membro do Consello Asesor da Fundación Brandomil e Director Arqueolóxico das intervencións feitas nos últimos anos, Lino Gorgoso, foi o poñente de facer esta presentación diante da multitude de participantes nesta convención.

Deste xeito Brandomil aparece definitivamente como un dos referentes peninsulares para a época romana, nunhas conferencias nas que compartiron exposición con xacementos tan relevantes como Gades (Cádiz) ou Augusta Emérita (Mérida).