Ao longo desta Semana Santa, a Fundación Brandomil puxo de novo en marcha a Oficina de Información Cultural e Turística, “Brandomil. Porta romana da Costa da Morte”, a cal contou cunha gran acollida. Preto de 300 visitantes de diferentes áreas xeográficas de todo o mundo, achegáronse a coñecer o Brandomil romano e indagar sobre a oferta cultural, gastronómica e en xeral festiva, que ofrecía a Costa da Morte.
O prestixioso enclave no que está situado a Oficina, xunto co excelente traballo feito polas persoas que a atenderon, dou como resultado unha aposta segura polo valor ao patrimonio cultural e a dinamización da Costa da Morte.
