Técnicos de Patrimonio Cultural reciben a Fundación Brandomil para planificar os traballos no xacemento romano no ano 2026

O secretario da Fundación Brandomil, Enrique Eduardo Iglesias e o director arqueolóxico, Lino Gorgoso foron recibidos polos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para organizar os traballos arqueolóxicos para o ano 2026 no xacemento romano de Brandomil.

Nesta ocasión a liña de investigación prevista encamíñase a facer escavacións en área sobre as potentes estruturas romanas localizadas a finais do ano 2025, na zona chamada Agra de Pedra do Altar, así como análises de sedimentos dos grandes niveis de carbóns que hai no seu interior.