A Fundación Brandomil reúnese coa directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza

A Directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza Martínez recibiu varias propostas para melloras na zona da Ponte, por parte da representación da Fundación Brandomil. 

As proposicións presentadas baséanse na franxa de entrada e saída da zona de lecer da Ponte, así como unha fórmula para a contabilización de vehículos que entran en dita zona.

Outra petición estaría encamiñada a complementar a Oficina de Información cultural e turística da Fundación Brandomil, “Brandomil. Porta romana da Costa da Morte”, cunha pantalla LED no exterior da oficina para poder promocionar lugares e eventos de toda a Costa da Morte.