O Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Ángel Miramontes, visita o xacemento romando de Brandomil

O director da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, acompañado de Roberto Pena, director do Servizo de Arqueoloxía, achegáronse a coñecer, de primeira man o xacemento Pedra do Altar e o conxunto de Brandomil.

A Fundación Brandomil tivo a oportunidade de ensinarlle os traballos arqueolóxicos realizados ata o momento, cos fantásticos resultados que levamos obtendo ao longo destes últimos anos, así como o investimento realizado en divulgar o traballo feito a través da Oficina de Información Cultural e Turística, Brandomil Porta romana da Costa da Morte.

Con esta visita, o director Ángel Miramontes, anunciounos o investimento nunha nova campaña de escavación arqueolóxica que se realizará nas próximas semanas. Esta escavación procura cotexar os resultados obtidos da intervención realizada meses atrás mediante medios non intrusivos.