Arqueoloxía en monodose, do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense presentou “Brandomil. Unha vila romana no solpor do imperio”

O Centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense foi o lugar elixido polo Museo Provincial Arqueolóxico de Ourense, para a presentación de “Brandomil. Unha vila romana no solpor do Imperio”.

Esta exposición encadrada dentro do certame “Arqueoloxía en monodose”, foi presentada polo Director Arqueolóxico e membro do Consello Asesor da Fundación Brandomil, Lino Gorgoso.

Máis de 50 persoas asistiron a esta presentación na que se expuso a evolución e o estado actual do xacemento romano de Brandomil ao igual que a súa historia.