Xosé Regueira Varela, Vicepresidente da Deputación da Coruña visitou o pasado día 28 de agosto a Oficina de Información Cultural-Turística situada na zona de lecer da Ponte Vella de Brandomil, despois do convite que lle enviou a Fundación Brandomil.
O Concello de Zas estivo representado polo seu alcalde, Manuel Muíño e o tenente de alcalde José Manuel Brenlla.
Verónica Silva e Sabela Pérez encargáronse de darlle unha explicación da afluencia, procedencia e interese dos visitantes que acudían a este Punto de Información.
Tras esta explicación, o Director arqueolóxico, e membro do Consello Asesor da Fundación Brandomil, Lino Gorgoso foi o encargado de facer unha visita guiada por todo o xacemento descuberto en Brandomil despois de todos estes anos de intervencións arqueolóxicas.
