Brandomil, e toda a Costa da Morte, están de noraboa!
O pasado martes 12 inauguramos o Punto de Información Cultural-Turística de Brandomil, creado dende a Fundación Brandomil coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia, nun acto no que participaron representantes de ambas institucións.
Esta nova Oficina de Información Cultural e Turística leva por nome Brandomil. Porta romana da Costa da Morte. Permanecerá aberta de martes a domingo, incluídos os festivos de 11:00 a 19:00 h, para recibir a todos os visitantes que se acheguen á zona.
Este é un novo punto desde o que continuaremos traballando os obxectivos da Fundación, promovendo a riqueza patrimonial e cultural de Brandomil. Ademais, aproveitaremos a nosa privilexiada situación como punto de paso para entrar á Costa da Morte para achegar tamén os múltiples recursos desta fermosa zona do noroeste de Galicia.
