Como xa se anunciara no mes de xaneiro, a Fundación Brandomil retoma os traballos arqueolóxicos na área de Pedra do Altar nesta semana do mes de maio.
Nesta ocasión realizaranse traballos de prospección magnética de última tecnoloxía, contando co equipo especializado do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC-INCIPIT); o emprego de técnicas non intrusivas no terreo, como o gradiómetro, o xeorradar de última xeración e a teledetección mediante infravermellos, permitirán deseñar as vindeiras intervencións.
Con estas tecnoloxías a Fundación Brandomil acada o obxectivo de empregar as técnicas de investigación máis punteiras en canto a teledetección, enmarcando as zonas máis interesantes para poder facer intervencións proximamente.
