O Doutor do departamento de Historia, Miguel Carrero Pazos e a Fundación Brandomil organizaron unha visita ao xacemento romano de Brandomil, despois da presentación do libro “Brandomil. Vila Soterrada”, na Facultade de Xeografía e Historia, diante do mestrado de arqueoloxía, no pasado mes de novembro.
O alumnado do primeiro curso da facultade, acompañado do profesorado, foron os asistentes a visita guiada perfectamente dirixida polo Director Arqueolóxico e membro do Consello Asesor da Fundación Brandomil, Lino Gorgoso, que contestou a tódalas preguntas do alumnado coma do profesorado sobre o xacemento, a forma de traballar dos arqueólogos e as futuras accións que se pensan levar a cabo na zona de Pedra do Altar.
O alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño fixo unha introdución ao alumnado gabando a importancia que ten este xacemento e destacando a Brandomil como unha das portas de entrada da Costa da Morte.
Belén Pérez, como representante da Fundación Brandomil recibiu ao grupo de asistentes da visita.
