A Fundación Brandomil reúnese co INCIPIT para investigar o xacemento de Pedra do Altar

A Fundación Brandomil, reuniuse este martes con membros do Instituto de Ciencias do Patrimonio – Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para unha colaboración neste ano 2025. 

O Secretario Xeral da Fundación Brandomil, Enrique Iglesias, e os membros do Consello do Asesor da Fundación Brandomil, Jorge Mira, físico e Catedrático da USC e Lino Gorgoso Director das escavacións en Brandomil, amosaron as liñas de investigación a seguir no presente ano, centradas no xacemento de Pedra do Altar.

Por parte do INCIPIT Carlos Otero e Pastor Fábrega, expuxeron a súa experiencia con novidosas técnicas  non invasivas de estudo arqueolóxico, coma a prospección xeomagnética e o estudo xeofísico con gradiómetro.