A Fundación Brandomil fixo a súa presentación ante a Delegación do Goberno na Coruña. O secretario da Fundación, Enrique Eduardo Iglesias e o patrono Juan Carlos Ramos reuníronse co Delegado do Goberno presentándolle os proxectos que ten en marcha para revitalizar o futuro da zona.
Da mesma maneira tamén lle entregou senllos exemplares dos libros editados pola Fundación. José Pérez Santos, presidente da Fundación tamén asistiu a reunión por videoconferencia.
