Aínda que xa fora presentado este libro en Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego), e na Coruña (Amigos dos Museos de Galicia), a presentación en Brandomil diante dos seus veciños foi a máis importante de todas elas. Neste acto, tanto a representante da parroquia Dolores Martínez Martínez, o alcalde de Zas, Manuel Muíño como o coautor e arqueólogo Lino Gorgoso loubaron os traballos que se están facendo nesta parroquia para recuperar o seu pasado.
