A sala Portas Ártabras de Amigos dos Museos de Galicia, acolleu a presentación do libro,“Brandomil. Vila soterrada” da Fundación Brandomil

Despois da multitudinaria acollida que tivo a presentación do libro en Santiago de Compostela, escollíuse A Coruña e a sala Portas Ártabras para esta nova divulgación da monografía sobre o Brandomil romano.