A Fundación Brandomil avalía as explotacións que posúe na Pedra do Altar

Nos próximos días a empresa SOT Prospecció Arqueológica realiza labores de prospección mediante xeoradar.

Tras a limpeza e acondicionamento dos case 15.000 metros cadrados de terreo da Pedra do Altar a semana pasada, a empresa catalá SOT Prospecció Arqueológica realiza traballos de prospección mediante xeoradar co obxectivo de delimitar o xacemento romano situado nestas parcelas propiedade da Fundación Brandomil.

Despois do interese xerado o ano pasado nas prospeccións arqueolóxicas, nas que se localizou unha calzada romana e estruturas próximas a ela, a nova fase da intervención arqueolóxica, que comezou a semana pasada, ten como obxectivo delimitar a extensión do xacemento romano nesta zona. .

Durante os traballos de limpeza e baixo control arqueolóxico xa se localizaron en superficie materiais romanos como tégula do tellado das casas, algunha pedra con marcas e, nun recheo da calzada, unha moeda datada en 1877 do rei Afonso XII. Este achado confirmaría o uso diacrónico deste camiño.

Nas vindeiras semanas, os arqueólogos contratados pola Fundación, e baixo a dirección de Lo le Gorgoso, terán os resultados para propoñer escavacións arqueolóxicas.