A proxección do documental “Camiño Xacobeo. Santiago-Muxía de Brandomil” no Teatro Colón

 

O Teatro Colón acolleu onte a proxección do documental “Camiño Xacobeo. Santiago a Muxía por Brandomil”

Onte preto de duascentas persoas puideron gozar do documental “Camiño Xacobeo. Santiago-Muxía por Brandomil” .

ENesta ocasión foi proxectada no Teatro Colón pola Deputación da Coruña e tivo unha gran acollida por parte do público. Antes da súa proxección, foi presentado polo seu director, Manuel Rial.

Ao remate abriuse un coloquio no que o director agradeceu a súa realización á Fundación Brandomil así como á Deputación da Coruña a oportunidade de emitir o documental neste magnífico espazo.

Tamén convidou aos asistentes a facer o seu camiño. Co afán de seguir divulgando este Camiño Xacobeo, o documental seguirá percorrendo outros concellos da zona.