Presentación do libro “Brandomil na historia, un couto de mulleres”, publicado pola Fundación Brandomil

Un libro que recolle a historia de Brandomil dende o século XII ata o XIX

Onte tivo lugar na igrexa parroquial de San Pedro de Brandomil a presentación do libro “Brandomil na historia – Un couto de mulleres”, un libro editado pola Fundación Brandomil coa axuda da Deputación da Coruña.

O acto estivo presidido polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, Juan Carlos Ramos, patrón da Fundación Brandomil, o párroco, Javier Flórez e unha das autoras encargadas da investigación e da redacción, Mercedes Vázquez. O alcalde valorou o traballo que está a realizar a Fundación para investigar o pasado desta parroquia. O patrón, Juan Carlos, destacou a importancia de coñecer a historia de Brandomil para explicar o presente, e poder construír un futuro máis sólido. Mercedes, unha das autoras, conta a historia de Brandomil dende o século XII, cando comezou a aparecer documentación escrita sobre a parroquia.

No acto participaron cincuenta veciños da parroquia, así como Xosé María Lema, historiador da zona e Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego.