Pablo Alvite, Paula Vázquez e Tania Carreira charlaron co público no Casino carballés
O ciclo de documental Galidoc chegou ao seu fin o sábado no Casino de Carballo. A última proxección foi Camiño Xacobeo: Santiago-Muxía de Brandomil , peza dirixida por Manuel Rial e producida pola Fundación Brandomil.
En Carballo interviñeron co público Pablo Alvite, director; Paula Vázquez, condutora do documental como peregrina, e Tania Carreira, responsable de comunicación da fundación.
Carreira comentou onte que o público estaba contento co visto, felicitando o traballo e agradecendo o formato ameno.
A Paula, por exemplo, preguntáronlle se descubrira novos lugares. Respondeu que si, moita herdanza.
A pesar de estar gravado en plena pandemia, con severas restricións, o documental é atemporal.
A Fundación Brandomil agradece a Galidoc que volva contar con eles. En 2020 xa se vía Brandomil: aldea romana de Carón do Xalla s.
Máis información en https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2022/02/01/galidoc-despidio-nuevo-viaje-brandomil/0003_202202C1C6994.htm?fbclid=IwAR3r-qDYI26opQDIzegnpGB1GQ2FTTi26opQ2FtgNpg1gQ2Ftgnpg26 bD ZuiVkruU