A Fundación Brandomil promove unha intervención arqueolóxica nos terreos da súa propiedade

O luns día 9 comezaron as intervencións arqueolóxicas no recinto da Fundación Brandomil.

A prospección arqueolóxica promovida pola Fundación Brandomil en terreos da súa propiedade xa está en marcha dende o pasado luns 9 de agosto. Con estes traballos, a Fundación quere seguir investigando e afondando no pasado de Brandomil, tendo sempre presente a idea de poñer este pasado ao servizo do futuro de Brandomil.

As catas valorativas, que teñen lugar na zona da Pedra del Altar, son realizadas pola empresa Adro Arqueológica e participan seis arqueólogos. O arqueólogo Leo Gorgoso actúa como director do proxecto. Realizaron cinco prospeccións na antiga estrada de Limideiro e na estrada de Padreiro. Localizaron un camiño empedrado con pavimento tipo glarea así como abundantes ruínas de tégula romana e cerámicas de finais do século I ao II d.C.

A obra está financiada parcialmente pola Deputación da Coruña e o GDR.