O Museo do Pobo Galego acolle a presentación do documental “Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía por Brandomil”

O vindeiro mércores 30 de xuño de 2021 ás 19.00 horas terá lugar a presentación e proxección do novo documental da Fundación Brandomil . O Museo do Pobo Galego é o lugar elixido para este evento.

Baixo o título “Camiño Xacobeo Santiago a Muxía por Brandomil” , o documental pretende poñer en valor, a través das distintas testemuñas que participaron nel, o camiño de Santiago a Muxía pasando por Brandomil e darlle a difusión e visibilidade que merece. Os alcaldes polos que pasa o camiño, párrocos, historiadores, arqueólogos, etc son os principais participantes deste documental.

A Fundación vén de presentar á Delegación de Peregrinacións do Capítulo da S.La.MI Catedral de Santiago de Compostela a documentación histórica e actual sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Santiago por Brandomil, que, cumprindo as condicións doutras rutas de peregrinación. , concedíase a posibilidade de recibir a Compostela a quen decidiu facer esta viaxe.

O acto estará presidido polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, acompañado polo presidente da Fundación, o director do Museo do Pobo Galego e o director do documental, Manuel Rial.

Unha vez presentado, o documental estará dispoñible na web da Fundación para todos aqueles que o desexen visualizar.