Brandomil

historia viva

brandomil

Pasado, presente e futuro

coñecido

Os nosos proxectos

Fundación Brandomil

Brandomil está cheo de historia, de presente e de futuro. 

Aquí estivo un dos principais asentamentos romanos do Noroeste peninsular entre os s. I e IV.
De par da Ponte Vella, pola que cruzan o río Xallas desde hai séculos os peregrinos de Santiago a Muxía, loce o único treito visible dunha vía romana orixinal en toda a provincia da Coruña.
A pé deles hai un castro da Idade do Ferro de características singulares.
O conxunto histórico esténdese por un xacemento arqueolóxico que descobre parte do notable entramado urbano romano entre os restos dun aglomerado que supera as 20 hectáreas.

Estudar, protexer e dar a coñecer todo isto é o propósito e a razón de ser da Fundación Brandomil.

 

Brandomil , pasado, presente e futuro

Historia

Recollemos algúns dos datos máis importantes da historia deste lugar.

Arqueoloxía

Recollemos algúns dos restos arqueolóxicos máis importantes e relevantes atopados en Brandomil.

Referencias literarias

Que libros e obras falan de Brandomil? Crea Brandomil a súa propia literatura?

Camiño de Santiago

Recollemos parte da documentación histórica que acredita que por Brandomil pasaba o Camiño de Santiago a Muxía.

Multimedia

Algunhas das imaxes máis espectaculares do lugar.

Os nosos proxectos

Coñece de primeira man cales son os obxectivos e plans da Fundación, no presente e para o futuro.

Colabora connosco

Se queres aportar o teu gran de area a esta causa, podes facelo de diferentes xeitos.
Infórmate facendo clic aquí

Novas

Descubre o que está a suceder actualmente en Brandomil e o que estamos a facer dende a fundación.

Intervención arqueolóxica no Camiño de Pedra do Altar en Brandomil

Financiamento da Unión Europea

Obxectivos : avaliación do trazado do antigo camiño soterrado polas obras parcelarias, valoración da súa antigüidade e facturación, dentro da parcela propiedade da Fundación Brandomil.
Metodoloxía : intervención no trazado do camiño vello, nunha lonxitude de 152,14 metros
Aproximación : dous levantamentos estatográficos, cinco prospeccións arqueolóxicas manuais
Execución: dous levantamentos estratigráficos previos no eixo da vía cunhas dimensións de 0,50×0,50×0,80m, cinco levantamentos transversais ao eixe da vía, separados 20/25m con dimensións de 4,00×2,00m, eliminación de terra vexetal/recheos de superficie de forma mecánica, escavación manual do perfil da estrada e documentación e topografía, cubrición e restitución