Proxección do documental “Brandomil, Vila Romana a Carón do Xallas” e coloquio cos autores

O vindeiro venres 31 de xaneiro ás 20:00 horas terá lugar a nova proxección do documental “Brandomil, vila Romana a carón do Xallas“. O acto terá lugar no Casino 1889 de Carballo.

A continuación, os seus creadores Manuel Rial, Paula Vázquez e Pablo Alvite participarán nun coloquio. A entrada é gratuíta e aberta ata completar aforo.

O documental “Brandomil, vila romana a carón do Xallas”, presentado o pasado decembro na propia vila e ante os veciños e veciñas, nace promovido pola Fundación Brandomil para dar a coñecer o gran xacemento romano de Brandomil e a súa posta en valor.

“Conta a lenda que hai moito tempo o ancient Brandomil afundiuse”, baixo este inicio, o documental presenta unha colección de entrevistas, realizadas tanto a homes e mulleres de Brandomil como a arqueólogos, historiadores, xornalistas… que comparten diversas historias. e opinións de interese sobre o Brandomil romano e a súa importancia.